O Tríatlon Desafío Islas Cíes obriga a pechar ao tráfico a Estrada pola Vía

O domingo 19 de setembro se celebra na Praia do Vao en Vigo o 8º Desafío Islas Cíes, este ano ademais, Campionato Xunta de Galicia de Longa Distancia. Con 1900 metros de natación en dúas voltas na praia do Vao, 70 quilómetros de bicicleta no drafting, nun percorrido de 22 quilómetros con 3 voltas ata o Paseo da Ramallosa e 21.150 metros de carreira a pé. 331 participantes sairán a partir das 8:00 da mañá en saídas de 2 deportistas cada 5″, sendo os dous primeiros Cristóbal Dios do Tripenta Terras de Lugo e Xacobo Crego do Jealsa Tríatlon Boiro.

A Policía Local de Nigrán informa o tramo da Estrada pola Vía entre a rotonda de Prado e A Ramallosa permanecerá pechado ao tráfico entre as 8:00 e as 13:30 horas aproximadamente. Solicítase aos cidadáns que residan nesta vía busquen rúas alternativas. Rógase así mesmo aos veciños que se absteñan de utilizar o vehículo particular para saír das súas vivendas. En caso de urxencia ou necesidade extrema deberán poñerse en contacto coa Policía Local.

Os filtros de entrada e saída da zona marítima serán as rotondas de Mariñeiro e Castelao, só de entrada á zona marítima, e o cruzamento da Avda. Praia América con Subida a Monte Lourido (semáforos da Foz), só de saída da zona marítima. Para calquera dúbida ou aclaración hai que dirixirse á Policía Local, a través do teléfono 696 440 390.