Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Escola de Música Municipal de Baiona.

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa de que ata o 30 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o curso 2021/2022 da Escola municipal de Música. Os interesados poderán facelo en horario de 9:00 a 14:00 horas no propio centro situado na rúa Alferez Barreiro nº20-21, onde terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: clarinete, frauta travesera, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín, viola. Tamén poderán facelo en canto e coro.

Para máis información poden poñerse en contacto a través do teléfono 986356081.