Reunión informativa en Vincios para recuperar a súa rondalla

A Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios ten moita ilusión de recuperar a súa Rondalla. O domingo 29 de agosto celebrarase unha reunión informativa no Centro Cultural ás 12:30 horas dirixida a todas e todos os interesados en participar e retomar as tradicións da parroquia. Durante o acto tamén se presentará ao novo director e o seu equipo. “Contamos con todas e todos para xuntos desfrutar e pasémolo ben. Recuperemos entre todas e todos a esencia da rondalla”, apuntan desde o colectivo.