Últimas entradas dispoñibles para o concerto de Ginebras

O Auditorio Mar de Vigo acolle este sábado 28 o concerto de GINEBRAS, aprazado por un positivo en COVID no equipo da banda o pasado mes de xullo na quinta edición de Vive Nigrán. O prazo para reconfirmar a asistencia ou solicitar a devolución coas entradas terminou o pasado 30 de xullo. O concerto celebrarase na terraza do Auditorio a partir das 21:00 horas (apertura de portas ás 19:30 horas). As últimas entradas están dispoñibles en Teuticket.

GINEBRAS chegan a Vigo semanas despois de lanzar o seu último tema “La ciudad huele a sudor”, unha aposta para converterse na canción do verán, desde o pop rock máis divertido. O seu último tema chega case un ano despois do seu primeiro traballo de estudo “Ya dormiré cuando me muera”, un disco que logrou consagralas como unha das referencias máis importantes do momento. Este cuarteto feminino entrou arrasando na escena indie nacional coa súa aditiva mestura de frescura e boas cancións e en pouco tempo convertéronse nunha das bandas que todo o mundo quere ver, cun dos directos máis enérxicos do momento e a súa peculiar visión do mundo pop.

VIVE NIGRÁN pechou a súa quinta edición en xullo en Monte Lourido, Praia América, un marco privilexiado á beira do mar con todas as medidas de seguridade, aforos limitados e público sentado, nunha firme aposta pola música en directo nunha contorna segura, completado cunha programación paralela para todas as idades. Nesta edición do festival que volveu á súa localización orixinal, pasaron por Nigrán SIDECARS, NATALIA LACUNZA, LOCOPLAYA, VERTO, CEDECÉ, BABYKATZE. A programación completouse coa Sesión Vibra Mahou o sábado en horario matinal con SHINOVA e MOUNQUP.

SOBRE GINEBRAS

Ginebras son Magüi (guitarra rítmica e voz principal), Sandra (guitarra solista e segundas voces), Raquel (baixo) e Juls (batería), un cuarteto feminino con ganas de comerse o escenario que na súa curta traxectoria crearon un universo pop propio no que sempre destacan as súas letras autobiográficas contadas con moito humor, retrousos demoledores e ese encanto que desprenden.

A finais de 2019 editaron “Dáme 10:36 minutos”, o seu primeiro EP. Catro temas cargados de enerxía que rapidamente lles situaron como unha das bandas imprescindibles da escena. “La típica canción”, “Todas mis ex tienen novio”, “Fan emergente” e a súa personalísima versión do “Con altura” son xa clásicos do pop patrio.

En setembro de 2020 lanzaron o seu esperado primeiro LP, “Ya dormiré cuando me muera”, cheo de hits instantáneos. Un disco cheo de diversión, de baile e de cor que vén para lanzar luz e bo rolo por milleiros. Destacado en prensa e medios especializados como un dos mellores discos do ano, nun momento atípico como este tiveron tempo a recibir os seus primeiros recoñecementos como o premio +Músicas e a estar presentes nos principais festivais que se celebran en 2021.