O Concello de Baiona eloxia á padeeira Iria Ludeña por outra gran tempada

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, quere felicitar á deportista baionesa Iria Ludeña polos triunfos acadados durante toda a tempada, logros que culminaron este sábado, 22 de agosto, no Descenso Internacional do Miño, onde acadou a vitoria xunto coa súa compañeira do Kayak Tudense Irea Alonso, na categoría cadete K2.

A esta vitoria súmanse as acadadas na XXVII Baixada Internacional do Río Umia, o Campionato de España de Sprint Olímpico Jóvenes Promesas, o IV Trofeo Internacional Entre Pontes Cidade Pontevedra 2021, e o dobre ouro no Campionato Galego de Pista Cadete no Encoro de Verducido, nas categorías K2 e K4.

Dende a Concellería de Deportes, Miriam Costas destaca a exitosa traxectoria de Ludeña, “o que demostra que o esforzo e a dedicación sempre teñen a súa recompensa”. O Alcalde, Carlos Gómez, manifesta a súa satisfacción porque Baiona conte cunha veciña tan excepcional, “á que veremos sen dúbida conquistar moitas metas no piragüismo nos vindeiros anos”.