Camos celebra as festas de San Roque

A parroquia nigranesa de Camos celebra as festas na honra de San Roque. A programación prevista comezará o luns 23 de agosto ás 10:00 da mañá cunha Misa. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Mamede con posterior procesión acompañada pola Agrupación Musical de Belesar, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo D’Líder e Jorge Ferrer de Garibaldi.

O martes día 24 comezará cunha Misa ás 10:00 da mañá. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Roque con posterior procesión acompañada pola Banda de Música do Val Miñor, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, a verbena estará amenizada polo dúo Sabor Satino e A Roda.

O mércores 25 de agosto comezará cunha Misa ás 10:00 da mañá. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de María Auxiliadora con posterior procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 17:30 horas terán lugar as grandes “poxas”, e pola noite, a verbena estará amenizada polo Trío Azar e o Trío Armonía.