Baiona suspende a Festa da Arribada

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, despois de consensuar as diferentes opcións coas asociacións de empresarios e comerciantes e o tecido asociativo, que son os que axudan a que a Festa da Arribada póidase levar a cabo, tomou a decisión xunto co seu grupo de goberno de suspender a edición do 2021, prevista para os días 1, 2 e 3 de outubro.

“Nesta situación de incerteza que xera a crise do COVID, o Concello ten que actuar con responsabilidade non realizando eventos que non poidan garantir a saúde pública e asegurando que a actividade económica do noso municipio poida continuar”, sinala Gómez.

“Esperamos que a Arribada 2022, recuperando a súa data real sendo o primeiro fin de semana de marzo, poida celebrarse con todas as garantías e normalidade, para que tanto os veciños e veciñas como os visitantes desfruten dunha festa de Interese Turístico Internacional como se merecen”, conclúe o rexedor.