O Concello de Baiona recupera máis de 12.000 euros do canon eléctrico

O Concello de Baiona, gobernado por Carlos Gómez, empezou a cobrar o canon eléctrico, un tributo local destinado a gravar o aproveitamento especial que fan das vías públicas municipais as empresas comercializadoras de enerxía eléctrica. Tal e como explica o concelleiro Óscar Martínez, as empresas que utilizan espazos públicos para realizar as subministracións aos seus clientes “deben abonar unha taxa ao Concello propietario desas zonas de dominio público”.

Algunhas destas empresas xa empezaron a abonar os importes correspondentes a esta taxa. O total recadado ata o momento supera xa os 12.000 euros. O Alcalde, Carlos Gómez, destaca que desde o seu goberno está a traballarse para recuperar este diñeiro, á vez que lamenta que os anteriores gobernos do Partido Popular non mostrasen ningún interese neste tema. “Este diñeiro podía empezar a recuperarse desde o ano 2016, pero o deixamento dos xestores anteriores ha suposto unha vez máis unha diminución nos ingresos do Concello”.

O Alcalde indica que segundo as previsións aínda se poderían recuperar preto doutros 6.000 euros.