Festas de San Roque en Morgadáns

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra as festas na honra de San Roque. O luns 16 de agosto o programa previsto comezará ás 9:00 da mañá cunha Misa Rezada. Ás 11:00 da mañá haberá un pasarrúas da Banda de Música Unión Musical do Val Miñor no Torreiro de Gonda. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión con posterior sesión vermú amenizada pola citada banda, que tamén ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. Ás 20:00 horas actuará o grupo de mariachis Noche de Ronda, e ás 22:00 horas o Trío Armonía amenizará a verbena. O martes día 17 celebrarase a Festa dos Vellos, cunha verbena amenizada por música disco e o Dúo D’Líder que comezará ás 22:00 horas. Por mor da situación epidemiolóxica todos os asistentes a estes actos deberán cumprir as normas vixentes no protocolo Covid-19.