Manifesto Miñor protesta polo “arboricidio” na leira da Casa Peralba

Onte pola tarde dende Manifesto Miñor procederon a denunciar publicamente o que consideran un “arboricidio” perpetrado polo Alcalde, Paco Ferreira, “contra as árbores que tanto ben facían á vista, e sobre todo ao Medio Ambiente, na leira de Casa Peralba”. Animan a toda a veciñanza, sobre todo aos máis novos, a continuar coa protesta e tomar consciencia da gravidade de cortar unhas árbores, probablemente centenarias, no centro dunha vila. “Convidamos a manifestar esa indignación poñendo no enreixado da leira lazos, cartaces, cartulinas, pancartas, etc, a ver se por fin D. Paco Ferreira entende o que significa respectar a Natureza”.