O Baíña Fútbol Sala abre o prazo de inscrición para a próxima tempada

O Baíña Fútbol Sala abre o prazo de inscrición para a seguinte tempada. O fútbol sala cada día é un deporte máis practicado sobre todo en iniciación, onde os máis pequenos aprenden a xogar en espazos reducidos máis acordes ás súas características. En categorías altas cada vez máis nenos e nenas practican este deporte que está de moda, sobre todo en Galicia, con gran cantidade de licenzas e moitos equipos de altísimo nivel.

O Baíña é un club con adestradores licenciados e coa máxima titulación para garantir a mellor formación posible aos xogadores. Ademais conta con boas instalacións cedidas por parte do Concello de Baiona e con moitas actividades sociais extra para nenos e familias.

O club busca este ano xogadores de todas as categorías, especialmente xuvenís e cadetes, tanto en feminino como masculino, para reforzar algúns equipos, pero seguen tendo prazas en equipos de pequenos xa que o seu primeiro equipo de formación é con nenos e nenas desde os 4 anos. Para máis información chamar ao 617902730.