Búscase a un neno de 10 anos desaparecido en Gondomar

ACTUALIZACIÓN: O pequeno xa apareceu.

Búscase a Yoel Vila Pereira, un neno de 10 anos de Donas desaparecido este luns en Gondomar. Foi visto por última vez na zona do Froiz ás 14:15 horas. Unha amiga da familia falou con el e o pequeno díxolle que xa se ía para casa a comer. Desde entón nada máis se soubo del. É moi moreno, co pelo moi negro, e viste unha camiseta verde fosforita e pantalón negro. Ía nunha bicicleta de cor negra. A familia xa deu aviso á Policía Local, que nestes momentos trata de localizalo. Calquera información pode comunicarse á Policía Local de Gondomar nos teléfonos 986389191 ou 696998080, ou no teléfono do seu pai 678704712 (Dani).