A Comisión de Festas de Prado vén de cancelar a manifestación prevista para hoxe debido á situación epidemiolóxica que segue sendo moi alta no Concello de Gondomar.
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra autorizara a celebración desta manifestación que ía saír ás 20:00 horas dende o Froiz de Mañufe para percorrer varias rúas do centro urbano e rematar diante do Concello.
Recordan que seguirán exercendo todas as medidas de presión que estean ao seu alcance ata acadar unha solución definitiva para evitar o derrubamento do local social. Este local social levantado co esforzo de todos os veciños é o único lugar de encontro que os veciños deste barrio da parroquia de Morgadáns teñen para xuntarse e para poder celebrar eventos e festexar a San Xosé.
A pesar das promesas tanto da Entidade como do Concello de Gondomar de darlle unha solución ao derribo, non van a parar ata que quede solucionado de todo.

