Artai Bringas, 5º de España na modalidade de xadrez rápido na categoría sub 18

Entre o 26 de xullo e o 1 de agosto celebrouse na localidade granadina de Salobreña os Campionatos de España de xadrez na categoría sub 18, na que o club de xadrez Laroca estivo representado por Artai Bringas e Mauro Sanromán. O campionato constaba de dúas modalidades de xadrez clásico, torneo suízo a nove roldas a 90 minutos máis 30 segundos de incremento, celebrado entre o 26 e 30 de xullo, e a modalidade de rápida, tamén un suízo de 9 roldas a 10 minutos máis 5 segundos de incremento.

Na primeira modalidade, na que participaron 189 xadrecistas, entre os que destacaba a presenza do campión mundial sub 14 no 2018, o mestre internacional Pedro Ginés, así coma 10 mestres fide e 5 mestras fide. Artai Bringas rematou no posto 30 con 5,5 puntos igualando o seu posto de saída. Mauro Sanromán rematou no posto 72 con 4 puntos, mellorando o seu posto de saída, o 101.

A destacar nesta modalidade a vitoria da xadrecista de Aragón á mestra fide María Eizaguerri Flores, que partindo do sétimo posto rematou no alto da clasificación con 7,5 puntos, sendo a primeira vez que unha muller proclámase campioa de España absoluta nalgunha das categorías.

Unha vez rematado este torneo comezou a modalidade de rápidas coa mesma representación que a modalidade anterior, na que o laroqueiro Artai Bringas rematou no quinto posto da clasificación con 7 puntos e indo na cabeza da clasificación ata a sexta roda con 6 puntos de 6, perdendo na sétima rolda co campión do torneo, o madrileño Gabriel Quisque Arteaga, e na oitava co segundo clasificado, o catalán Pedro Ginés.

Mauro Sanromán, partindo do posto 103, rematou no posto 99 con 4 puntos e mellorando a súa posición inicial.