O Templo Votivo de Panxón segue á espera de melloras

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Don José Diéguez Dieppa á beira da imaxe da Virxe do Carme, doada por unha fiel en 1936.

O Templo Votivo do Mar de Panxón segue á espera das ansiadas actuacións para poñer fin ás constantes filtracións que sofre. O seu párroco, Don José Diéguez Dieppa, agarda paciente a que Patrimonio actúe para reparar as entradas de auga provocadas polo agretamento do encintado das fachadas do conxunto, sobre todo pola cara que dá ao mar.

Ademais, desde hai anos varias vidreiras e o rosetón da entrada principal foron forradas interiormente con mallas de metal para evitar que os fragmentos de cemento que unen os elementos precipítense sobre os fieis que a miúdo acoden ao edificio construído por Antonio Palacios, inaugurado en 1937.

Segundo explicou, o organismo dependente da Xunta xa se interesou polo acometemento das obras, xa que lles resulta inviable financialas con fondos propios. “Só as réplicas dos vitrais roldan os 500.000 euros”, lamenta, á vez que explica que polo momento non teñen prazo aínda que cabe a posibilidade de que puidesen comezar para o ano próximo e por fases.