As lendas e tradicións galegas protagonistas da “Noite Meiga” de Gondomar

O Concello de Gondomar celebra este venres día 30 de xullo a “Noite Meiga”, organizada pola Concellería de Xuventude. A actividade, que se desenvolverá integramente en galego, ten como obxectivo dar a coñecer parte da historia e lendas da nosa comunidade autónoma. As meigas, maruxainas, lobishomes ou a Santa Compaña serán as e os acompañantes dos once grupos -preinscritos previamente- que participarán na procura deste tesouro tan especial.

Todas eles, compostos entre 2 e 5 persoas como máximo, serán convocados ás 22:00 horas na Praza da Paradela, punto de partida da aventura, e recibirán nos seus correos electrónicos as instrucións do xogo e as pistas que deben atopar ao longo dun percorrido que lles conducirá por diferentes rúas de Gondomar e a historia que nela ocúltase.

Os equipos deberán enfrontarse a un “escape sonoro” preparado para a ocasión e aqueles dous que logren superar todas as fases enfrontaranse finalmente nunha proba, que do mesmo xeito que o resto do percorrido terá como eixo central o valor do patrimonio inmaterial galego, as súas lendas e mitos ancestrais que conviven coas tradicións e costumes actuais.

A proba desenvolverase mantendo en todo momento as medidas establecidas na normativa covid19 vixente neste momento.