Continúa o ciclo “Baiona con Humor” co showman local Rafa Durán

O programa cultural de verán do Concello de Baiona reserva mañá un oco para un monólogo de humor do showman local Rafa Durán no Parque da Palma ás 21:00 horas. É necesaria a inscrición previa para acudir ás actuacións gratuítas que forman parte da axenda cultural Baiverán organizadas pola Concellería de Cultura.

As inscricións están dispoñibles a través da páxina web oficial do Concello de Baiona. Trátase dun sistema dinámico e práctico, no cal se observan os días das diferentes actividades, co horario e unha pequena descrición das mesmas, e unha inscrición que reza: “Sistema de inscrición previa obrigatorio na actividade”.

Os eventos serán sentados en cadeiras de 2 en 2 mantendo a distancia de seguridade entre asistentes, o uso de máscara é obrigatorio en todo o recinto e está prohibido introducir bebidas alcohólicas, comida e fumar en todo o espazo acoutado. Serán aplicables a maiores as medidas por Covid-19 vixentes no momento da celebración do evento.