Baiona continúa instalando tecnoloxía LED na súa iluminación pública

O Goberno de Baiona avanza na renovación da iluminación pública do municipio. Nestes días están a levarse a cabo traballos nas cinco parroquias simultaneamente, nos barrios de Eidos (Baíña), Outeiro, Ribeira e Rúa Ponte (Sabarís), Percibilleira (Baiona), A Torre (Baredo) e Campelo (A Granxa, Belesar).

Están a colocarse luminarias led de alta calidade, de fabricación galega, que cumpren coas normativas máis esixentes, tanto en resistencia como en protección ante a corrosión. As novas lámpadas son de 40W e 35W, que substitúen ás de 114W e 80W respectivamente. Para o concelleiro de Alumeado Pública, Óscar Martínez, “con esta modificación conseguimos mellorar a eficiencia enerxética e baixar o consumo. Calcúlase un aforro de máis de seis mil euros anuais”.

O proxecto, cuxo importe é de 30.249,34, está financiado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, valora positivamente esta actuación, “coa que se logra unha mellora para os cidadáns, para o Concello e para o medio ambiente”.