“Cine na Rúa” en Baiona coa película “Zapatos rojos y los siete trolls”

O ciclo de “Cine na Rúa” que forma parte da axenda cultural Baiverán 2021 continúa este martes día 20 de xullo coa proxección de “Zapatos rojos y los siete trolls” na Praza do Concello de Baiona ás 23:00 horas. Uns ananos enfeitizados atópanse a unha moza cun poder misterioso: os seus zapatos vermellos. Deberán emprender unha misión xunto a ela para volver ser humanos e salvar o reino.