Durante as próximas dúas fins de semana (17, 18, 24 e 25 de xullo), celébranse en Baiona e Gondomar as competicións galegas de bolos celta para as súas categorías inferiores e feminina. Competirán un total de 28 xogadores de categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. En categoría feminina un total de 16 xogadoras. A competición terá lugar nos campos de bolos municipais de Baiona (A Palma) e Gondomar (As Cercas).
O calendario e horario das competicións será o seguinte:
| DIA | HORA | CAMPO DE XOGO | CATEGORIA |
| 17 | 16:30 | As Cercas (Gondomar) | Categorías inferiores |
| 17 | 16:30 | A Palma (Baiona) | Feminina |
| 18 | 9:30 | As Cercas (Gondomar) | Feminina |
| 18 | 9:30 | A Palma (Baiona) | Categorías inferiores |
| 24 | 16:30 | As Cercas (Gondomar) | Categorías inferiores |
| 24 | 16:30 | A Palma (Baiona) | Feminina |
| 25 | 9:30 | As Cercas (Gondomar) | Feminina |
| 25 | 9:30 | A Palma (Baiona) | Categorías inferiores |
A Federación Galega de Bolos quere impulsar, promocionar e dar visibilidade a este deporte autóctono e milenario que se practica na zona sur da provincia de Pontevedra e concretamente nos Concellos de Baiona, Gondomar, Nigrán e Tomiño, levando estes torneos a lugares urbanos e concorridos.
Tamén se practica en Sudamérica e concretamente nos centros Valle Miñor de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai), deporte levado a eses países polos emigrantes miñoranos que no seu momento tiveron que irse en busca de una nova vida.
A Federación quere agradecer aos Concellos de Baiona e Gondomar a colaboración prestada para poder levar a cabo estes campionatos.

