
O Multiusos de Sabarís acolle desde este luns e ata o domingo 11 de xuño unha exposición para conmemorar o 50 Aniversario do CEP Sabarís, unha exposición que pretende facer un percorrido polas lembranzas destes 50 anos de historia. A mostra, que se inaugurou este luns coa presencia do alcalde en funcións de Baiona, Carlos Gómez Prado, poderá visitarse en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.