O Gondomar Club de Fútbol recupera a canteira

Campus de verán nas Gaiandas.

O Gondomar Club de Fútbol abre inscrición para xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, prebenxamíns, minis e biberón. A Xunta Directiva do centenario club adoptou a decisión por unanimidade de retornar con gran ilusión ás súas orixes.

“Habemos e estamos a pasar por difíciles momentos que nos fixeron reflexionar; pero o máis importante, mantivemos unha relación humana entre Directivos, Socios, Corpo Técnico e Xogadores, que nos animou e conseguido froito dela, iniciar unha nova etapa”, apuntan desde o club.

O obxectivo é crear unha boa canteira de futbolistas coa reactivación e inscrición de todas as categorías inferiores para a tempada 2021-2022. “Recibimos e recollemos con interese, as suxestións e inquietudes de decenas de pais e deste gran equipo humano que esperamos xere unha gran ilusión e esperanza”.

Os pais que desexen adestrar e inscribir aos seus nenos en calquera das categorías inferiores, poderán ser socios do Gondomar Club de Fútbol, coa obtención de carné de socio categoría familiar, facilitándolles un carné para cada membro da familia que o solicite. A cota anual para por neno ascenderá a un total de 180 Euros. Neste importe inclúese o Carné de Socio Familiar e a equipaxe completa para a tempada do neno rexistrado.

Na ficha de inscrición, especificarase o importe dos 50 € correspondente á cota de socio familiar así como os 130 € que se corresponden coa ficha e equipamento, así como o nº de conta no que se farán os ingresos por ambos os conceptos.

Tamén poderán solicitar inscrición en calquera das categorías os pais que non desexen ser socios do Club. Neste caso a cota de inscrición ascenderá a 210 €. Neste caso a cota inclúe tamén o equipamento completo.

As actuais circunstancias sanitario-epidemiolóxicas conlevan que a día de hoxe a Real Federación Galega de Fútbol estime que ata finais de xullo, non comunicará aos Clubs Federados a data a partir da cal poidan proceder á inscrición das categorías que cada club pretenda Federar. Por iso e, ante as solicitudes de información neste sentido de moitos pais, o Gondomar Club de Fútbol atenderá por rigorosa orde de solicitude de inscrición, outorgando prioridade aos pais que acrediten a residencia no municipio de Gondomar.

Máis información nos teléfonos 646 793 371 (David) e 608 960 104 (Basi).

INFORMACIÓN PARA PAIS

FICHA DE INSCRICIÓN XOGADORES