Dobre ouro para a baionesa Iria Ludeña

Este domingo celebrouse o Campionato Galego de Pista Cadete no Encoro de Verducido, organizado pola Federación Galega de Piragüismo. A baionesa Iria Ludeña, xunto coa súa compañeira do Club Kayak Tudense Irea Alonso, proclamouse campioa galega de K2 500 metros, cunha marca de 2:11,68. En K4 500 metros, o equipo formado por Iria Ludeña, Irea Alonso, Daniela Álvarez e Uxía Rodríguez tamén conseguiu o ouro, cun tempo de 1:58,56.