Almudena Arteaga y del Alcázar clausura o VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos

Este xoves 11 de abril ás 19:30 horas no Salón Medieval do Parador de Turismo Conde de Gondomar de Baiona, terá lugar a clausura do VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España dentro da programación do 526 aniversario da Arribada. A charla correrá a cargo de Almudena Arteaga y del Alcázar co relatorio “María Pita”. A expedición filantrópica da vacina que salvou ao mundo das vexigas (1803-1814).

Almudena de Arteaga y del Alcázar (Madrid, 1967), é Académica da Real Academia Hispanoamericana das letras, as artes e as ciencias. É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Diplomada en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria polo Instituto Salazar y Castro. Deputada conselleira de Deputación da Grandeza de España. Exerceu durante 6 anos a avogacía especializándose en Dereito Civil e Laboral. En 1997 e dado o éxito editorial que supuxo a súa primeira novela “La Princesa de Éboli” colgou a toga para dedicarse en exclusiva á literatura. Desde entón publicou 22 obras. É Premio de Novela Histórica Internacional Alfonso X o Sabio 2004 coa súa novela “María de Molina tres coronas medievales”, premio Azorín 2012 coa súa novela “Capricho” e premio Algaba de ensaio histórico 2007 con “Beatriz Galindo La Latina, Maestra de Reinas”.

É firma da revista Fuera de Serie, o dominical do diario El Mundo. Foi colaboradora en Onda Cero, no programa “Te doy mi palabra” de Isabel Gemio. Interlocutora en Tele Madrid no programa magazine “Hoy por ti” de Nieves Herrero. E é conferenciante de temáticas, histórico-literarias en foros de toda España desde hai 20 anos.