Ribera Povisa reforma a planta baixa do hospital para engadir 22 novas consultas

Dentro da ampla remodelación de infraestruturas na que se acha inmerso, Ribera Povisa iniciou a reforma integral dunha ampla área da planta baixa, onde antes de situaba a cafetería, e que estará ocupada por 22 novas consultas.

A nova zona de consultas dedicarase fundamentalmente a Oftalmoloxía, e tamén acollerá a unidade de extraccións de sangue. As obras, que melloran substancialmente a accesibilidade e a comodidade para os pacientes, estarán finalizadas a finais deste ano.

A reforma desta área de consultas forma parte do amplo programa de investimentos anunciado no seu día polo Director Executivo Europeo de Centene Corporation, Alberto de Rosa, e do que forman parte tamén a inauguración dos novos servizos de urxencias, a remodelación da área de diálise, a reforma das cociñas, a adquisición dun PET-TAC, un acelerador lineal e unha nova resonancia magnética, e a reforma integral da fachada, que cambiará de forma rechamante o aspecto exterior do hospital.