O Sergas iniciará a próxima semana a vacinación do grupo etario de 30 a 39 anos da Área Sanitaria de Vigo

O Sergas iniciará o proceso de vacinación do grupo etario de 30-39 anos da Área Sanitaria de Vigo na próxima semana. Así, o sábado día 3 de xullo vanse citar para vacinarse no IFEVI 5.000 persoas dese grupo. En xeral, a programación inicial básica da vindeira semana prevé a citación de 37.500 persoas (35.500 no IFEVI e 2.000 no Álvaro Cunqueiro) destinadas a finalizar as primeiras doses do grupo de 40-49 anos e a continuar coas segundas doses dos grupos correspondentes.