Nigrán festexa o International Surfing Day con clases gratuítas, foodtrucks ou o concerto de The Mirror

Concello de Nigrán e Escolas de Surf de Patos abren a tempada de verán este domingo 27 de xuño festexando o International Surfing Day, unha xornada mundial simultánea dedicada á promoción desde deporte e a súa cultura. Durante este día desde Nigrán achegarase ao público á cultura e o deporte do Surf a través de cursos, obradoiros e diferentes actividades completamente gratuítas, ademais de ter a oportunidade de coñecer a surfeiros profesionais e compartir valores de convivencia e respecto polo medio ambiente.

Entre as diferentes actividades prevista nesta décimo segunda edición na localidade destaca a posibilidade de que os empadroados en Nigrán maiores de 7 anos e que saiban nadar reciban un bautismo de surf totalmente gratis previa solicitude a deportes@nigran.org ata cumprir o máximo de 50 participantes (será por rigorosa orde de inscrición).

Igualmente, destaca o concerto de The Mirror ás 15:00 horas (instalaranse diferentes food-truks). O grupo, con fonda raigame na comarca, nace no 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes e con longas traxectorias que decidiron xuntase cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista – actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista – actualmente Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais. Neste breve pero intenso período de tempo comezaron a asomar a cabeza pola escena musical miñorana e viguesa, sendo uns dos progagonistas do festival Solpor Monteferro, regresando agora a Patos.

O horario das actividades é o seguinte:

11:00 CONFIRMACIÓN INSCRICIÓNS
12:00 CHARLA TEÓRICA NA PRAIA
12:15 IOGA
12:30 LIMPEZA DE PRAIA
13:00 PRÁCTICA NO MAR
14:15 FIN DO BAUTISMO SURFISTA
14:30 FOODTRUKS
14:45 ZOA
15:00 MUSICA EN DIRECTO CON “THE MIRROR”
16:00 XOGOS NA AREA
16:30 ENTREGA DE AGASALLOS E PREMIOS