Nigrán celebra San Xoán cun concerto de Broken Peach

O Concello de Nigrán ofrece este mércores, día 23 de xuño, un concerto de Broken Peach con motivo do día de San Xoán. O evento comezará a partir das 22:30 horas no Complexo Deportivo Municipal Dunas de Gaifar, con entrada gratuíta ata completar aforo. Broken Peach é unha das bandas galegas con máis seguidores en Youtube (xa se achegan á cifra de 140.000 subscritores) e un total de 20 millóns de reproducións nos seus vídeos. A banda, definida como Rock&Soul, presentará o seu repertorio de versións máis características, dándolles ese toque “Broken” que lles caracteriza.