Morgadáns celebra este domingo o seu curro

A Entidade Local Menor de Morgadáns vivirá este domingo 20 de xuño o tradicional curro da parroquia. Os gandeiros xuntan os equinos na parte alta do monte, para logo baixalos ao recinto, onde entrarán ao “curro” ao mediodía. Tras a celebración da comida campestre, pola tarde, a partires das 17:00 horas aproximadamente, serán as tarefas de separalos, desparasitarlos, marcalos, cortarlles as crines, para ao final, volver deixalos en liberdade. O curro de Morgadáns desenvólvese no chamado lugar das Fechaduras na ladeira do Monte Aloia, na vertente orientada cara o Val Miñor.