O CEIP Humberto Juanes expón os traballos realizados na actividade extraescolar de cómic

O alumnado e toda a Comunidade Educativa do CEIP Humberto Juanes, en Nigrán, poderán gozar nestes días de fin de curso 2020/2021que remata o martes 22 de xuño, dunha exposición de cómics realizada na actividade extraescolar organizada pola ANPA do centro. Esta actividade foi dirixida ao longo do curso os xoves en horario de 16:00 a 17:30 horas pola ilustradora Coral Martínez.

A ANPA do CEIP Humberto Juanes, en coordinación co centro, ante a situación xerada pola pandemia e o cumprimento do protocolo Covid-19, apostou polo cumprimento do horario de actividades extraescolares de 16:00 a 17:30 horas todos os días como medida para apoiar a conciliación familiar, xa que os centros da zona do Val Miñor non tiveron actividades extraescolares. O esforzo foi moi grande, xa que tiveron que adaptar todas as actividades para o cumprimento das condicións de máxima seguridade que require o protocolo Covid-19 e integralo na Programación Xeral Anual do Centro.

A exposición de cómics poderá verse do 16 ao 18 de xuño, de 15:30 a 17:00 horas, na biblioteca do colexio.