A empresa nigranesa UARX Space presenta a RAMI, o primeiro dispensador de pequenos satélites de España

A empresa nigranesa, con sede en Porto do Molle, UARX Space, presenta a RAMI (Reliable and Advanced Mission Injector), o primeiro dispensador de nanosatélites de España.

“Este dispensador é o elemento mecánico indispensable para poder lanzar nanosatélites ao Espazo”, di Yanina Hallak, Enxeñeira Aeroespacial e directora executiva de UARX Space. Para dar un exemplo, equivalen aos asentos dun avión, os pasaxeiros soamente poden voar cando teñen asentos, con este tipo de satélites ocorre o mesmo, necesitan dun dispensador para poder ser inxectados en órbita.

“Unha das principais vantaxes que ofrece RAMI, é unha maior capacidade de carga. Duplicamos o tamaño permitido máis aló dos límites establecidos polo estándar, o que lle permite aos nosos clientes, (os desarrolladores de satélites) contar cunha maior versatilidade á hora de deseñar os seus produtos, satisfacendo a demanda que isto ten para misións de maior complexidade”, dixo Andrés Villa, xefe de enxeñería en UARX Space e cofundador, ao que agregou que “agora agregar máis paneis solares ou antenas no exterior destes pequenos satélites deixará de ser unha preocupación para os nosos clientes”.

O estándar dos CubeSats foi creado no ano 1999. Desde entón, as misións con pequenos satélites pasaron a ser de algo educativo a algo comercial e científico. Mesmo, dada a axilidade do seu desenvolvemento e a posibilidade de realizar un despregamento rápido en órbita, nalgúns países considérase a estes como unha parte importante das súas estratexias de defensa. Esta evolución nas aplicacións tamén demanda que os satélites necesiten chegar a órbitas específicas no espazo.

Estes desenvolvementos de alta innovación e tecnoloxía colocan a UARX Space na vangarda da industria aeroespacial internacional. “Ter desenvolvementos destas características en España permítenos dar un gran paso cara á Soberanía Nacional en materia de espazo, xa que podemos realizar despregamentos de pequenos satélites e distribución de constelacións utilizando un dispensador español, sen depender de terceiros países”, agrega Yanina. Este dispensador pode ser utilizado para lanzar un só satélite, así como a distribución completa dunha constelación de pequenos satélites.

A misión de UARX Space é converterse nun provedor de referencia mundial no transporte espacial non só para órbitas baixas da Terra, senón tamén para órbitas lunares e do espazo profundo. Para iso, a empresa desenvolve o seu transbordador espacial chamado OSSIE, da man de importantes empresas e centros de investigación. Entre as institucións destácase o DLR, a Axencia Espacial de Alemaña, coa que UARX Space asinou un acordo de colaboración para utilizar o seu sistema avanzado de comunicacións para os primeiros voos de OSSIE.

“O acordo que asinamos co DLR non só demostra a capacidade que pode ter unha pequena empresa en España para traballar con grandes institucións, senón tamén o interese por este tipo de desenvolvementos”, dixo Andrés. E adiantou que os clientes xa poden reservar o seu ticket, para o voo inaugural de OSSIE, que será en 2023.

Pola súa banda, o primeiro voo a órbita de RAMI está estipulado para do 2022, o que sen dúbida marcará un fito na historia de España en materia de espazo.

Contratar un voo para un satélite será moi sinxelo e poderá facerse a través do sitio web www.uarx.com

Sobre UARX Space

UARX Space é unha empresa especializada en servizos de integración, probas, despregamento de satélites en órbita e transporte no espazo de CubeSats e pequenos satélites. UARX é a primeira empresa de España en desenvolver un dispensador de nanosatélites e actualmente a compañía desenvolve unha frota de satélites de carga que inseren CubeSats e pequenos satélites en órbitas non convencionais no Espazo.

A empresa conta cun equipo de profesionais altamente cualificados. Os seus fundadores, Yanina Hallak e Andrés Villa, son Enxeñeiros Aeroespaciais graduados de CalPoly, a recoñecida Universidade de Estados Unidos, famosa por ser a co-creadora do mundialmente utilizado Standard de nanosatélites, CubeSat. A experiencia e capacidades do equipo de UARX inclúen, deseño de misións espaciais, deseño de estruturas primarias e secundaria para satélites de 1500 Kg a 3500 Kg, subsistemas térmicos, mecanismos de estruturas despregables, software de voo crítico, integración, ensaios, e operacións. A empresa ten a súa sede central no Parque tecnolóxico de Porto do Molle, en Nigrán, e oficinas en Mar do Prata, Arxentina.