Gondomar repartirá 50 novos composteiros entre a veciñanza

O Concello de Gondomar, adscrito ao plan de compostaxe de Sogama, recibiu por parte desta sociedade 50 novos composteiros que se entregarán aos veciños e veciñas que estean interesados en situalos nas súas vivendas. Cunha capacidade de 400 litros servirán para atender o alto interese que desde un principio amosaron os gondomareños e gondomareñas neste tipo de reciclaxe. Ata o momento o goberno local, a través do departamento de Medio Ambiente, entregou máis de 350 composteiros individuais.