Podemos Nigrán reitera a necesidade de regular a pirotecnia

Dende o Círculo de Podemos Nigrán lamentan que un ano máis non se regularicen as prácticas da tira de fogos artificiais e petardos, substituíndo os mesmos por pirotecnia insonora. Lembran que existen no municipio diversidade de casos de persoas vulnerables como infancia autista, persoas hipersensibles, etc. e animais aos que aféctalles enormemente o son, ademais de ser unha práctica contaminante que contrasta coa política medio ambiental que en teoría defende o Concello e que supón un perigo no aumento de incendios característicos destas épocas.