Marcelo Casas, primeira fichaxe do Gondomar CF

O polivalente mediocentro e defensa de 26 anos Marcelo Casas González, uruguayo nado en Montevideo e afincado en Gondomar, convértese na primeira fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no nacional de Montevideo, no Gondomar e no Santa Eulalia, xogou como sénior no Chaín, no Erizana e no Tomiño.

Agora, co obxectivo de volver á primeira, destacou que “elixín vir a este club porque eu son de Gondomar, e é unha pena que o equipo estea en segunda. A miña mensaxe á afección é que faremos todo o posible para que o Gondomar volva estar na categoría que se merece”.

Anuncios