Mañufe celebra a súa I Semana Cultural “San Antonio 2021”

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe celebra desde este venres e ata o domingo a súa I Semana Cultural “San Antonio 2021”. A programación comezará o venres 11 de xuño ás 20:00 horas co Grupo de Baile “DanzArte”, espectáculo que será presentado por Carlos Riveiro. Ás 21:30 horas actuarán a Coral Allegro e a Coral San Vicente de Mañufe.

O sábado día 12 ás 11:00 da mañá será a quenda de Os Romanteleiros. Ás 17:00 horas celebraranse as “poxas” de San Antonio, e ás 19:30 horas O Fiadeiro ofrecerá o seu espectáculo “Última Verbena”. Ás 21:30 horas actuarán Os Carunchos e ás 00:00 horas comezará a elaboración das alfombras florais.

O domingo 13 de xuño arrancará coa exhibición das alfombras florais e a actuación da Agrupación Musical de Vincios ás 11:00 da mañá. A programación desta I Semana Cultural “San Antonio 2021” finalizará co concerto da Banda de Ayer ás 20:00 horas, con música dos 80 e 90.