Veciños de Baiona plantan máis de 75 árbores polo Día do Medio Ambiente

O sábado, 5 de xuño, foi o Día Internacional do Medio Ambiente e desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona leváronse a cabo varias actividades. Baiona adheriuse á campaña “Unha árbore por Europa”. Para selar este compromiso pola sustentabilidade, procedeuse á plantación dunha árbore por parte do Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda. Un acto simbólico que tivo lugar no parque próximo á Escola Infantil A Galiña Azul do municipio.

O sábado organizouse a plantación de máis de 75 árbores. Unha actividade baixo a lema “Sementando vida, deixando pegada”, que organizou a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona e o Baíña Fútbol Sala, na que participaron máis de cincuenta veciños do municipio. Na plantación participaron representantes do Concello, do Centro Social e Cultural de Baíña, do grupo Ardelume, ANPAS dos colexios públicos, comunidades de montes de Baredo e de Baiona…

As persoas participantes no obradoiro de “Estimulación Terapéutica”, organizado pola Concellería de Servizos Sociais e coordinado con la Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA) de Vigo, sumáronse ás actividades con motivo do medio ambiente e estiveron a plantar plantas na Rúa Carabela Pinta.