O Sergas inicia a próxima semana no IFEVI a vacinación do grupo de 40 a 49 anos

O Sergas continúa a próxima semana o proceso de vacinación masiva no IFEVI, onde se citarán a 38.500 persoas da Área Sanitaria de Vigo. A partir do mércores día 9 se inicia a inmunización do grupo etario de 40-49 anos convocándose xa nesa semana a 22.500 persoas dese grupo. O resto de vacinas irán destinadas a seguir inoculando primeiras doses á poboación de entre 50-59 anos, e segundas doses aos grupos que lles correspondan.