Os GALP galegos celebran un seminario sobre Realidade Virtual e Aumentada aplicada aos museos

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O proxecto Pasaporte REMA achega a cultura do futuro aos museos. Para iso, a fábrica de Sel en Muros (A Coruña) acolle o venres, 11 de xuño, ás 10 horas un seminario para mellorar a experiencia dos visitantes aos museos mediante o uso da Realidade Aumentada e Virtual, entre outras tecnoloxías.

A charla estará a cargo da startup galega Xoia Extending Reality, creadora do primeiro museo 100% virtual en España. O seu CEO, Xoel Vázquez explica que “O Museo 4.0 pode proporcionar unha experiencia auténtica e personalizada; que se inicia antes da propia visita ao espazo físico”. O mapeo interior no deseño das salas ou o uso de sensores e beacons, que son pequenos dispositivos con tecnoloxía bluetooth que permiten a comunicación automatizada; son outros exemplos de avances tecnolóxicos sobre los que falará durante o seminario.

Os membros da Rede de Espazos con contido Museístico do Atlántico (Rede REMA), composta por 31 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias, están convidados a participar no evento. Ademais, calquera persoa ou institución interesada en por en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo pode asistir ao seminario.

As persoas interesadas en acudir deben realizar previamente a súa inscrición a través do correo electrónico: info@redrema.eu. A charla poderá seguirse tamén de forma virtual. As persoas que non poidan acudir de forma presencial, facilitaráselles o enlace para elo.

PASAPORTE REMA

Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para elo, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.

PROGRAMA

Relator: Xoel Vázquez Dios, socio fundador da empresa en Xoia Extending Reality

Contidos:
10:00 h. Apertura do acto e benvida a cargo da Presidenta da Rede REMA e Alcaldesa de Muros Inés Monteagudo
10:10 h. Tecnoloxías aplicadas á museoloxía 4.0
10:30 h. Que é a Realidade aumentada e como funciona?
11:00 h. Casos de uso en exposicións, museos e centros de interpretación
11:15 h. Pausa café
11:45 h. Que é a Realidade virtual e como funciona?
12:15 h. Casos de uso en exposicións, museos e centro de interpretación
12:30 h. Experiencias interactivas complementarias. Casos de éxito
12:50 h. Quenda de preguntas
13:00 h. Fin do seminario