Nai e filla feridas nun accidente de tráfico en Porto do Molle

Dous vehículos impactaron no polígono de Porto do Molle, en Nigrán, ao redor das 17:30 horas de hoxe martes provocando un accidente no que resultaron feridas dúas persoas. Os feitos sucederon na intersección de rúa do Arroncal con rúa dos Padróns e por motivos que se descoñecen un Nissan que circulaba cara ao hipermercado Mercadona impactou contra un Seat Ibiza. A causa do impacto, o Nissan perdeu o control percorrendo ao redor de 30 metros ata encaixarse contra un farol. As ocupantes, unha nai e unha filla veciñas de Camos, foron trasladadas en ambulancia a un centro de referencia con prognóstico reservado.