Gondomar encabeza a provincia como caso de éxito na implementación da Sede electrónica

O Concello de Gondomar encabeza a provincia de Pontevedra como caso de éxito na implementación da Sede electrónica.

A administración electrónica permitiu a Gondomar, tal e como afirma o seu Alcalde, Paco Ferreira, “un salto á modernidade, o achegamento da administración ao cidadán e sobre todo poder levarche o Concello encima. Este resultado só é posible cando hai unha implicación directa do persoal do Concello, políticos e funcionarios, traballando de forma conxunta no proxecto».

Con só trinta e dúas sesións de formación, xa se realizaron máis de 4.000 rexistros electrónicos e asinado electronicamente case 6.000 documentos: 4.167 rexistros realizados, 1.637 expedientes tramitados, e 36.263 documentos electrónicos.

Gondomar, municipio de máis de 14.000 habitantes, comezou o proxecto da implantación da administración electrónica en setembro do ano 2016. Desde entón e ata decembro dese mesmo ano e con só trinta e dúas sesións de formación, xa se realizaron máis de 4.000 rexistros electrónicos e asinado electronicamente case 6.000 documentos. Estas cifras dan mostra do grao de implementación da administración electrónica no Concello.