“Sementando vida, deixando pegada” en Baiona

O Concello de Baiona, coa colaboración do Baíña Fútbol Sala e as Comunidades de Montes, con motivo do Día do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro sábado día 5 de xuño, quere deixar pegada no municipio fomentando vida baixo o lema “Sementando vida, deixando pegada”. Desde o Concello anímase aos distintos clubs, asociacións ou centros que se queiran unir a esta iniciativa e deixar pegada na Vila. Todas aquelas persoas interesadas poderán apuntarse e solicitar máis información no teléfono 655 755 716.