Este domingo tivo lugar o VII Trail Desafío de Oia, nunha paraxe espectacular e a diferenza de anos anteriores e por motivos relacionados co Covid a organización tivo que modificar o formato de carreira prescindindo da andaina e do maratón. Por tanto, este ano soamente había dúas modalidades nas que inscribirse, a modalidade de 12 km e a de 21 km.
O evento organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios contou cun límite de 200 participantes por categoría, que modificaron co paso do tempo dado que inicialmente a cota era de 150 persoas por categoría porque así o autorizou a Federación Galega de Montañismo, respectando os protocolos deportivos e todas as recomendacións da propia Federación, así como as establecidas polos demais organismos deportivos.
A saída tivo lugar escalonadamente, saíndo un grupo de 8 corredores/as cada 30 segundos; todos eles desde O Mosteiro de Santa María de Oia.
Ás 9:00 horas tivo lugar a saída do Trail de 21km. Este ano modificouse o percorrido e os corredores tiñan que baixar ao río, este cambio gustou moito entre todos os participantes, dadas as altas temperaturas que lles acompañaron este día así como as vistas e os desniveis.
Finalizando o percorrido de 21 km o podio queda como segue:
MASCULINO:
1º POSTO: DANIEL PAZÓ GIRÁLDEZ do Club Atletismo Baiona
2º POSTO: FEDERICO LOSADA CONDE
3º POSTO: CHEMA QUITIÁN AGRAFOJO
FEMININO:
1º POSTO: NATALIA SIERPES PEREIRA do Club Tribo Trail
2º POSTO: LOURDES VÁZQUEZ GÓMEZ
3º POSTO: MARISELA FERNÁNDEZ FÉLIX
O Mini-Trail 12 km comezou ás 10:00 cunha saída tamén graduada e por diante un percorrido que comparten cos demais corredores ata chegar ao km 10, onde esta distancia retoma o camiño de meta.
Finalizando o percorrido de 12km fórmase o seguinte podio:
MASCULINO:
1º POSTO: ADRIÁN SOUSA DOMÍNGUEZ de Objetico Trail
2º POSTO: ANTONIO GROBA PÉREZ
3º POSTO: VÍCTOR AMNEIRO FREIRE
FEMININO:
1º POSTO: PATRICIA NOYA RODRÍGUEZ do Club Tribo Trail
2º POSTO: NURIA ROMERO RODRÍGUEZ
3º POSTO: PAZ MÉNDEZ TAPIAS
Por motivos de seguridade sanitaria e respectando as recomendacións Covid, este ano non se realizou entrega de premios nin podio dos campións das diferentes categorías.
A organización quere dar as grazas a todos os participantes e inscritos “por non faltar á nosa emblemática cita, e pedímosvos que non se teñan en conta os pequenos erros pero todo vai sobre a marcha, xa que cada día os protocolos van cambiando e organizar eventos desta magnitude é complicado, xa que para o Club Cornelios é fundamental a seguridade sanitaria dos nosos participantes e colaboradores do Club. Esperámosvos en próximos eventos”.






