
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), a súa sección PUGA (Promoción do Uso do Galego) e as alcaldías de Gondomar, Baiona e Nigrán, celebraron onte, venres 28 de maio ás 19:30 horas, a Gala da I Primavera Videoliteraria do Val de Miñor e a entrega de premios ás 22 gañadoras deste concurso no Auditorio Lois Tobío en Gondomar en evento pechado por mor da COVID.
Entre as modalidades de videopoesía e videorrelato repartíronse preto de 4.000 euros en premios, aportados polas alcaldías citadas e que na súa maioría (todas as categorías a excepción de Carballo) foron premios en vales que reverterán no fomento do consumo local, conseguindo así os dous obxectivos de fomentar a creación literaria e artística e por outra banda favorecer o consumo local.
Nos vindeiros días publicaranse nas redes sociais do IEM os vídeos premiados nas distintas modalidades.
Os premiados foron os seguintes:
VIDEOPOEMA
C. CARBALLO
1º OURO – A meta de Lucía García Giráldez
2º PRATA – Palimpsesto de Raúl Costas Pereira
ACCESIT – Cosmocidas de Raúl Costas Pereira
ACCESIT – Recordas de Arancha Rodríguez Fernández e Emilio José Carral López
ACCESIT – Fíos e novos tecidos de Anubis Muñoz Orta
ACCESIT- Somos auga de Clara María Seco Pérez e José Pereira Silva
C. XABARIL
1º OURO – Lémbrame de Nuria Costas Misa
2º PRATA – Muller de Itziar Misa Da Cuña
ACCESIT A – Primavera de Lois Cruces Pérez
C. TEIXO
1º OURO – Que farei de maior? de Héctor Costas Misa
2º PRATA – Nube de algodón de Brenda González Lesme
ACCESIT – Branco coma a espuma de Isabella Martínez Villero
ACCESIT – Soños cumpridos de Anxo Lorenzo Misa
ACCESIT – Unha brisiña de Nerea Carvalho Figueiró
C. BOLBORETA
1º OURO – Os avós da miña vida de Xosé Lorenzo Misa
VIDEORRELATO
C. CARBALLO
1º OURO – A Ghallarda de José Troncoso Barros
2º PRATA – Formigas de Laura Rodríguez Manso
ACCESIT – Ollos de mar de M. Carmen Alonso González
ACCESIT – Unha vaca de Raúl Costas Pereira
C. XABARIL
1º OURO – Contraste de Nuria Costas Misa
C. ESQUÍO
1º OURO – Salvemos o planeta de Alexandra Alfaro Pérez
2º PRATA – O xardineiro Pepe de Carlota Fontelo Araújo