Gondomar pecha a programación do Mes das Letras co grupo de música folk “Caldo”

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, pecha a súa programación do mes de maio, Mes das Letras, cun concerto este domingo ás 12:00 horas na Praza Paradela co grupo de música folk “Caldo”.

Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas.

Creado con agarimo, Caldo resulta un prato musical delicioso, no que os ingredientes viven unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.