O Tomiño e o Valladares gañan o Torneo RacVil Homenaxe a Poli

FOTO: VILARIÑO // O Tomiño, campión do VII Torneo Cadete.

O campo de fútbol de San Pedro, en Nigrán, acolleu este fin de semana o Torneo RacVil Homenaxe a Poli, organizado polo Racing Vilariño. No campionato participaron os equipos do Vilariño, Erizana, Tomiño, La Guía, Pereiró, Atios, Valladares, Gondomar e Coya.

O venres celebrouse o VII Torneo Cadete, con choiva, frío e saraiba, no que resultou vencedor o Tomiño na quenda de penaltis tras a final disputada co Vilariño. O sábado a choiva deu unha tregua e o Valladares proclamouse campión da VIII edición do Torneo Infantil, derrotando na final ao Pereiró.

En ambas as dúas xornadas celebrouse a fase de grupos de maneira ininterrompida, comezando o primeiro partido ás 9:00 da mañá, e o último ás 17:15 horas. A continuación disputáronse as semifinais, ás 18:00 e 19:00 horas, para xogar a final ás 20:00 horas.

Na entrega de trofeos participou o alcalde de Nigrán, Juan González, o concelleiro de Deportes, Jose Luis Sanromán, e o presidente do Racing Vilariño, Casto Moreda.