Correos emite un selo dedicado ao Ano Santo Xacobeo coa imaxe de Floreano

Correos puxo hoxe en circulación un selo dedicado ao Ano Santo Xacobeo 2021-2022 protagonizado por Floreano, o mítico personaxe nado da pluma do debuxante José Angel Rodríguez López, “Gogue” hai máis de 30 anos. Desde entón Floreano converteuse nun dos personaxes máis populares da prensa galega, aparecendo cada día no diario Faro de Vigo. O humorista gráfico Gogue colabora desde fai máis de tres décadas con varios medios de comunicación escritos nacionais e internacionais e publicou varios libros recompilatorios das súas obras.

Na ilustración deste selo figura a imaxe de Floreano, ataviado coa capa de peregrino, o bordón e a cabaza, apoiado nun sinal que indica o Camiño de Santiago. Esta emisión filatélica conta cunha tirada de 160.000 exemplares. Os efectos postais miden 28,8 x 40,9 mm e son de tarifa B, o que permitirá que a imaxe de Floreano viaxe por toda Europa a través de cartas e postais, axudando así a difundir o Ano Santo.

Durante a celebración do Xacobeo 2021-2022, Correos poñerá en marcha unha serie de iniciativas ligadas ao Ano Santo entre as que se inclúen a edición de produtos filatélicos específicos e a mellora do seu servizos de transporte de mochilas, ofrecendo a reserva e pago en liña en 9 idiomas e un servizo de trazabilidade co que avisará aos peregrinos da recollida e entrega diaria das súas equipaxes.

Este selo pódese adquirir nas principais oficinas de Correos, a través da Tenda En liña de Correos en pack de 5, contactando co Servizo Filatélico no e-mail atcliente.filatelia@correos.com ou chamando ao 91 519 71 97.

SERVIZOS DE CORREOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Para a celebración do Xacobeo 2021-2022, Correos pon ao dispor de todos os peregrinos que decidan realizar o Camiño de Santiago servizos específicos para resolver as súas necesidades de transporte.

Entre eles atópase un servizo de transporte de mochilas entre etapas -o Paq Mochila-, un servizo de envío de paquetes no Camiño de Santiago -o Paq Peregrino- e o Paq Bicicleta, un servizo de envío de bicicletas ao comezo da ruta ou de volta ao finalizar o Camiño.

Os peregrinos tamén poden beneficiarse do servizo de consigna en Santiago de Compostela que Correos ofrece na oficina de Rúa do Franco, 4, a dous minutos da Praza do Obradoiro.

Toda a información sobre estes e outros servizos de Correos para peregrinos está dispoñible na páxina web www.elcaminoconcorreos.com.