Esta mañá tivo lugar a presentación da 8° edición da Festa da Empanada no Concello de Gondomar. Ao acto asistiron o alcalde Paco Ferreira, a concelleira de Comercio Rocío Goberna e o presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), Jose Ángel González Goce, os cales agradeceron a boa acollida por parte dos empresarios hostaleiros deste evento e enxalzaron este prato tan típico galego e que será servido por 10 establecementos en diferentes versións, cun amplo abanico de materias primas, desde choco a atún ou marisco sen esquecernos do doce.
As persoas que queiran degustar estas deliciosas especialidades cun prezo por ración de 2,50 € poderán facelo desde este xoves 20 ata o domingo 23 de maio. Así mesmo coa súa votación elixirán ás 3 mellores empanadas, podendo conseguir, grazas aos seus votos, un dos 4 vales de 25 € que se sortearán para consumir en calquera dos establecementos participantes nesta edición. Por outra banda, un xurado profesional valorará cada unha das empanadas servidas e nomeará á súa favorita, outorgándolle ao hostaleiro gañador un premio patrocinado polo Parador de Turismo “Conde de Gondomar”.
Desde OVALMI e o Concello de Gondomar convidan a todos a que participen nesta 8ª edición da Festa da Empanada e desfruten das distintas especialidades servidas por grandes hostaleiros do municipio.
PARTICIPANTES E AS SÚAS EMPANADAS
| EL TRANVIA TU PAN TU CAFÉ | EMPANADA DE CHOCO |
| RESTAURANTE PAZO DA ESCOLA (MAÑUFE) | EMPANADA DE PAN DE TRIGO CON PANCETA, PISTO E TRIO DE QUEIXOS GALEGOS |
| JAMONERÍA TAPERÍA BASTIÓN | EMPANADA BASTIÓN |
| CAFETERÍA KEIK | EMPANADA DE QUESO CON MEMBRILLO Y NUECES |
| CAFETERÍA ALAMEDA | EMPANADA DE BACALAO CON PASAS SIN CEBOLLA |
| CAFÉ BAR ESTANCO | EMPANADA DE LANGOSTINOS E OUTRAS DELICIAS |
| TERRA, CEBADA E UVA | EMPANADA MARIÑEIRA |
| XAMONERÍA CATRO CAMIÑOS | EMPANADA CATRO CAMIÑOS |
| BOCATERÍA A BOCADOS | EMPANADA BURGUER BACON |
| TAPERÍA CAFÉ AS NOVAS TORRES | EMPANADA LACÓN CON CHORIZO |


