O Alcalde de Baiona agradece o labor do persoal sanitario no Día da Medicina de Familia

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro de Saúde de Baiona.

Cada 19 de maio, a totalidade de profesionais que conforman a especialidade da Medicina Familiar e Comunitaria celebran o Día Mundial da especialidade. Carlos Gómez, como alcalde de Baiona, considera que é un día para reivindicar o papel vertebrador desta especialidade en calquera sistema de saúde moderno.

“Nesta edición, a celebración do Día da Medicina de Familia vén marcado pola pandemia provocada polo SARS-Cov-2 á que tivemos que facer fronte como sociedade, como sistema de saúde. O seu día a día viuse trastornado. Ao longo destes meses, a MfyC foi capaz adaptarse ás novas necesidades, en tempo récord, e asumir o reto de dar continuidade asistencial aos pacientes con enfermidades crónicas… e, por suposto, atender aos pacientes afectados por coronavirus e ás súas familias”, apunta o rexedor.

Gómez afirma que “en toda esta pandemia, a Medicina de Familia foi a especialidade escondida que, oculta dos titulares, achegou incontables horas de traballo silencioso para manter a base da curva. Por iso, neste día tan especial quero aproveitar para agradecer o seu gran labor, non só aos médicos e médicas da Medicina Familiar e Comunitaria, senón a todas as persoas que forman parte do sistema sanitario e co seu labor conseguiron tirar desa curva cara abaixo. O meu recoñecemento aos sanitarios e sanitarias esténdese máis aló dese gran labor iniciado fai máis dun ano, cando empezaron a batallar contra este virus, o meu recoñecemento é ao seu labor diario. Brillaron polos seus xestos e polos feitos. Así que hoxe é o momento de agradecer o traballo que cada un destes especialistas realizaron”.

“Hoxe é un día especial, o día da Medicina de Familia, un día para compartir o recordo e tervos presentes a todas e todos, os que están e os que sufriron. Trátase dun agradecemento sincero e non dubido en que o conxunto da sociedade coincide en dalo”, conclúe o alcalde de Baiona.