Gondomar imparte un obradoiro de concienciación medioambiental nos centros educativos

A Concellería de Xuventude de Gondomar, na súa labor de informar e concienciar sobre temáticas de diversa índole, apostou para levar a cabo nos centros educativos de primaria unhas actividades de concienciación medioambiental. “A TERRA necesita coidados, é a nosa única casa”, esa é a premisa desta iniciativa. Mediante xogos e experimentos de xeito lúdico e creativo coñecerán os síntomas que padece o planeta, como lle afectan os cambios, distintos tipos de contaminación, a obsolencia planificada e medidas que podemos adoptar para o coidado do noso planeta. Máis de 100 rapaces de quinto de primaria do concello van participar desta iniciativa de concienciación ambiental no mes de maio.