A Área Sanitaria de Vigo despediu a 78 residentes

O Hospital Álvaro Cunqueiro realizou hoxe a despedida oficial dunha nova promoción de residentes que concluíron o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras. Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos. No transcurso deste evento -presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente- os 78 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional.

Os residentes que hoxe terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos: 1 en Anatomía Patolóxica; 3 en Anestesia e Reanimación; 1 en Anxioloxía e Cirurxía Vascular; 1 en Aparello Dixestivo; 2 en Cardioloxía; 3 en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía; 2 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 1 en Endocrinoloxía e Nutrición; 1 Farmacia Hospitalaria; 1 en Hematoloxía e Hemoterapia; 1 Medicina Traballo; 20 en Medicina Familiar e Comunitaria; 1 en Medicina Física e Rehabilitación; 1 en Medicina Interna; 1 Medicina Intensiva; 1 en Medicina Nuclear; 1 en Nefroloxía; 1 en Neurofisioloxía; 1 Neurocirurxía; 1 en Neuroloxía; 2 en Obstetricia e Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 1 en Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 1 en Pneumoloxía; 1 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría; 2 en Radiodiagnóstico; 1 en Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron hoxe a súa formación 6 especialistas en Enfermería Familiar e comunitaria, 4 máis en Enfermería Pediátrica, 2 enfermeiras especialistas en Saúde Mental, e 3 matronas especialistas.

Nestes momentos, na Área de Vigo estanse formando un total de 380 graduados, que realizan o seu período de formación especializada tanto en hospitais con en centros de saúde.